A Copa Sálvora C.F. de Fútbol Base celebrarase os próximos 31 de maio e 1 de xuño de 2008 no recinto de "A Fieiteira". As categorías prebenxamín, benxamín e alevín son las elexidas para esta edición de 2008.
O campionato estará composto por 12 equipos na categoría Benxamín, 12 equipos na categoría Alevín e por 2 equipos na categoría Prebenxamín. Cada equipo estará formado por 12 participantes, polo que participarán no campionato 312 nenos de idades comprendidas entre 7 e los 12 anos de idade.
As categorías benxamín e alevín estarán organizadas en 3 grupos e cada uno dos grupos composto por 4 equipos, os cales se enfrontarán nunha primeira rolda polo sistema de liguiña. Pasarán á seguinte fase os 2 primeros clasificados de cada grupo, así como os dous mellores terceiros de cada categoría (consultar bases do campionato).
Esta segunda fase está composta por cuartos de final, semifinais e final. Os partidos disputaranse polo sistema de enfrontamento directo. Esta rolda xogarase o domingo día 1 de xuño de 2008, en xornada de mañá e tarde.
A categoría prebenxamín estará formada por 2 seleccións das escolas deportivas de 2 concellos: unha pertencente ao concello de Ribeira e outra selección pertencente ao concello de Boiro. Ambas seleccións enfrontaranse nun único partido de exhibición antes das finais benxamín e alevín. |